Lori Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lori Black
AliasLorax
Data nacemento9 de abril de 1954 (69 anos)
Nado enSanta Monica (California)
Ocupaciónbaixista
Instrumento(s)baixo
Relacionado conThe Melvins, Clown Alley
Na rede
Musicbrainz: 5a931325-c1f2-4772-840e-3141b9465793 Discogs: 425763 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lori Black, tamén coñecida como Lorax, nada o 9 de abril de 1954 en Santa Monica (California), é unha baixista estadounidense coñecida por tocar nas bandas Clown Alley[1] e Melvins. Lori é filla da actriz Shirley Temple e do empresario Charles Alden Black.[2]

Cando os Melvins se separaron temporalmente a finais de 1987, o baixista Matt Lukin deixou a banda para formar Mudhoney. Os Melvins substituírono por Lori Black. Nesa época Black saía con Buzz Osborne, líder do grupo. As súas primeiras gravacións apareceron no álbum de 1989 Ozma. Black tamén aparece acreditada na estrea de Melvins cun gran selo, Houdini (1993), aínda que Osborne ten dito que Black non toca nel.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clown Alley Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-09. 
  2. Edwards, Anne (2017). Shirley Temple : American princess. Guilford, Connecticut. ISBN 978-1-4930-2691-3. OCLC 953223371. 
  3. Pasbani, Robert (2014-02-11). "I Didn't Know Shirley Temple Black's Daughter Was Once In The MELVINS". Metal Injection (en inglés). Consultado o 2023-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]