Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°21′10″N 5°56′52″O / 37.3528, -5.94778

Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios
Datos
LocalizaciónSevilla, España
Construción
Inauguración1974
Estadio
Superficie70.000 m²
PropietarioSevilla Fútbol Club
LocalíaSevilla Atlético

A Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios é a cidade onde adestra o primeiro equipo do Sevilla FC e onde xoga os seus partidos o filial Sevilla Atlético. Ademais é o lugar de adestramento e campo local das categorías inferiores e do equipo feminino. Atópase en Sevilla, na estrada de Utrera, e inaugurouse en 1974.

Ocupa unha superficie de 250.000 m² e leva o nome do que foi presidente do club durante a década de 1960, José Ramón Cisneros Palacios, que propuxo dotar ao club de novas instalación. A primeira parte da cidade construíuse en 1968, ano no que se inauguran 125.000 m² (50% da superficie actual). Completáronse as instalacións en 1974, con Eugenio Montes Cabeza como presidente.

Instalacións[editar | editar a fonte]

  • O estadio central da cidade, coñecido como Viejo Nervión, inaugurado en 1987 con capacidade para 5.100 espectadores. É o campo local do Sevilla Atlético, equipo filial do Sevilla FC.
  • 4 campos de céspede natural.
  • 3 campos de céspede artificial.
  • 1 campo pequeno de céspede artificial para a escola de fútbol Antonio Puerta.
  • Centro deportivo con ximnasio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]