Ikechi Anya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ikechi Anya
Ikechi Anya.jpg
Información persoal
Nome Ikechi Anya
Nacido 3 de xaneiro de 1988 (32 anos)
Lugar Glasgow
Altura 1,68 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Derby County
Número 30
Carreira xuvenil
2002–2003 Oxford United
2003–2004 Wycombe Wanderers
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2007 Wycombe Wanderers 18 (0)
2007–2008 Oxford City 17 (4)
2008 Halesowen Town 17 (0)
2009 Northampton Town 14 (3)
2009–2010 Sevilla Atlético 22 (0)
2010–2011 Celta de Vigo B 35 (8)
2011 Celta de Vigo 1 (0)
2011–2013 Granada CF 0 (0)
2011–2012Cádiz (cedido) 29 (4)
2012–2013Watford (cedido) 25 (3)
2012–2013 Watford 99 (5)
2016– Derby County 35 (1)
Selección nacional
2013– Escocia 29 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: Actualizado a 24 de xaneiro de 2020.
Selección: Actualizado a 16 de outubro de 2017.

Ikechi Anya, nado o 3 de xaneiro de 1988 en Glasgow, é un futbolista escocés que xoga de centrocampista para o Derby County FC do Football League Championship.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categoría inferiores do club inglés Oxford City, en 2004 ficha polo Wycombe Wanderers onde militan ata 2007, cando volve a Oxford. Tras breves pasos polo Halesowen Town e o Northampton Town no ano 2009 ficha polo Sevilla Atlético, por aquel entón en Segunda División B.

Ao ano seguinte ficha por outro filial, o Celta de Vigo B, facendo moi bo ano ao anotar oito tantos, porén non atopa un sitio no primeiro equipo, co que so disputa un encontro, e o club decide traspasalo ao Granada CF. No equipo andaluz non atopa continuidade e é cedido primeiro ao Cádiz CF e despois ao Watford F.C..