O nome do estadio recorda ó gobernante inca Atahualpa nacido en 1500 e executado en 1533.
Construído entre 1948 e 1951 por iniciativa municipal, o estadio foi inaugurado o 25 de novembro de 1951 cunha capacidade para 34.000 espectadores nas bancadas. Posteriormente foi remodelado nos anos 1977 e 1992 chegando a ter unha capacidade para 50.933 persoas. En 2011 recibiu a súa terceira remodelación, coa intención de aumentar a capacidade dende as 40.948 prazas ata 50.000, todas de asento.