Sergio Rodríguez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rodri
Sergio Rodríguez García.jpg
Rodri xogando para o Spartak Moscova.
Información persoal
Nome completo Sergio Rodríguez García
Nacemento 17 de agosto de 1984 (34 anos)
Lugar Mataró, España
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Eupen
Número 3
Carreira xuvenil
Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2006 Barcelona B 95 (2)
2004–2006 Barcelona 5 (0)
2006–2009 Deportivo da Coruña 2 (0)
2007Almería (cedido) 11 (0)
2007–2008Poli Ejido (cedido) 25 (0)
2008–2009Marítimo (cedido) 0 (0)
2009Salamanca (cedido) 17 (2)
2009–2011 Hércules 51 (4)
2011–2012 Spartak Moscova 23 (1)
2012–2014 Rayo Vallecano 5 (0)
2014– Eupen 8 (0)
Selección nacional
2003 España sub-20 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Sergio Rodríguez García, alcumado Rodri, nado en Mataró (Barcelona) o 17 de agosto de 1984, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o K.A.S. Eupen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No mercado invernal da tempada 2008–09 chegou ao UD Salamanca, proviniente do CS Marítimo portugués. Debutou nun partido contra o Hércules CF e continuou como titular tras a lesión de Pelegrín. Logrou o seu primeiro tanto coa camisola charra contra o Sevilla Atlético, metendo o quinto gol da tarde nunha contundente goleada (6–0). No seguinte partido como local contra o Girona FC marcou o primeiro tanto da tarde, rematando o partido en empate (2–2).

No verán de 2009 desvinculouse do Deportivo da Coruña e o 31 de xullo fichou polo Hércules CF, cun contrato dunha tempada con opción a outra se xogaba 25 partidos. Na súa primeira campaña conseguiu o ascenso a Primeira División quedando na segunda posición da táboa. Ao xogar máis de 25 encontros renovou automaticamente.

En marzo de 2011 foi traspasado ao FC Spartak Moscova por 400.000 euros, cun contrato dunha tempada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]