Selfless

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Selfless
Álbum de Godflesh
Publicado26 de setembro de 1994
Gravaciónxaneiro - maio de 1994
Estudio(s)Avalanche Recordings
Duración78:12
Xénero(s)metal industrial
Selo(s)Earache Records, Columbia Records
Producido porJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Merciless
(1994)
Selfless Songs of Love and Hate
(1996)

Selfless é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 26 de setembro de 1994 en Europa e o 18 de outubro en América do Norte a través dos selos Earache Records e Columbia Records. Sendo o primeiro do grupo cunha gran discográfica, o disco conta cun son máis convencional e orientado ao rock en comparación cos seus anteriores lanzamentos. Publicáronse dous sinxelos deste álbum, "Xnoybis" e "Crush My Soul". O vídeo musical do último foi dirixido polo fotógrafo Andres Serrano.[1]

No Roadburn Festival de 2018 Selfless foi interpretado ao vivo case na súa totalidade por vez primeira.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Xnoybis"   5:54
2. "Bigot"   4:33
3. "Black Boned Angel"   6:46
4. "Anything Is Mine"   3:59
5. "Empyreal"   6:02
6. "Crush My Soul"   4:26
7. "Body Dome Light"   5:30
8. "Toll"   4:13
9. "Heartless"   5:32
10. "Mantra"   7:26
11. "Go Spread Your Wings"   23:51
78:12

Notas

  • Nas edicións en vinilo deSelfless o tema 11, "Go Spread Your Wings", non está incluído.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crucifixion's Cool". New York Magazine. 13 de febreiro de 1995. 
  2. "Godflesh – Roadburn Festival" (en inglés). Consultado o 2020-07-22.