Saltar ao contido

Messiah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Messiah
Godflesh Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
Datas
 Data de publicación
2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/04669n7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 13286 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Messiah é un EP da banda inglesa de metal industrial Godflesh. O EP foi orixinalmente gravado e mesturado en 1994 e foi editado de forma independente para os membros do club de fans do grupo o 5 de decembro de 2000 xunto con catro remesturas,[1] que foran creadas en 1995.[2] Despois de que Justin Broadrick disolvese Godflesh, reeditou o material a través do selo Relapse Records o 1 de abril de 2003.

A versión orixinal de Messias para o club de fans foi lanzada o 5 de decembro de 2000 a través do propio selo da banda, Avalanche Recordings, e estivo limitada a 1 000 copias cunha portada distinta ao do EP final.[3] Este foi a primeira edición de Avalanche. O de abril de 2003 Messiah foi distribuído en CD por Relapse Records, e o 5 de febreiro de 2008 o EP publicouse como tres edicións de vinilo dobre (unha con portadas únicas, outra con discos claros, outra con discos brancos e todas limitadas a 1 000 copias cada unha).[4]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódalas cancións foron escritas por Justin Broadrick e G.C. Green.

EP orixinal de 1994
N.º Título Duración
1. "Messiah"   6:29
2. "Wilderness of Mirrors"   5:56
3. "Sungod"   6:23
4. "Scapegoat"   3:54
22:42
Cancións extra de 2000/2003
N.º Título Duración
5. "Messiah" (Dub) 6:35
6. "Wilderness of Mirrors" (Dub) 6:08
7. "Sungod" (Dub) 6:28
8. "Scapegoat" (Dub) 8:53
50:49
  1. "Godflesh - Messiah". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-07-22.
  2. "Interview: Justin Broadrick (Godflesh/Jesu), 2003". That Was Then/This Is Yesterday (en inglés). 2015-02-23. Consultado o 2020-07-22.
  3. "Godflesh - Messiah (fan club edition)". Discogs. Consultado o 27 de outubro de 2024.
  4. "Godflesh - Messiah (limited edition)". Discogs. Consultado o 27 de outubro do 2024.