Pure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pure
Álbum de Godflesh
Publicado13 de abril de 1992
Gravaciónsetembro - outubro de 1991
Duración48:30 (vinilo e casete)
79:31 (CD)
Xénero(s)metal industrial, post-metal
Selo(s)Earache Records
Producido porJ. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Cold World
(1991)
Pure Merciless
(1994)

Pure é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de abril de 1992 a través do selo Earache Records. Aínda que orixinalmente foi etiquetado só como metal industrial, dende entón o álbum foi recoñecido como un dos primeiros lanzamentos de post-metal.[1] Musicalmente, Pure conta con ritmos mecánicos e con guitarras ásperas, e ten cancións prolongadas con bastantes repeticións deliberadas. Como moita da música de Godflesh, é considerado pesado e agresivo, e eses elementos axudaron a que gañase a aclamación da crítica.

Pure foi apoiado polo sinxelo promocional e o vídeo musical de "Mothra". O EP de 1991 Cold World foi gravado nas mesmas sesións que o álbum. En 2013 Godflesh interpretou a meirande parte de Pure ao vivo no festival Roadburn. A pesar do descontento coa calidade da produción do álbum, o líder de Godflesh Justin Broadrick considérao un dos lanzamentos máis honestos do grupo.[2] En 2012 a revista Fact clasificou a Pure como o 64 mellor álbum dos 90.[3] A mesma revista en 2015 situou ao disco no posto 18 da súa lista dos 40 mellores álbums de post-metal.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Spite"   4:31
2. "Mothra"   4:31
3. "I Wasn't Born to Follow"   7:22
4. "Predominance"   6:16
5. "Pure"   5:02
6. "Monotremata"   9:21
7. "Baby Blue Eyes"   4:39
8. "Don't Bring Me Flowers"   6:48
Cancións do CD
N.º Título Duración
9. "Love, Hate (Slugbaiting)"   9:57
10. "Pure II"   21:04
79:31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The 40 best post-metal records of all time". FACT Magazine (en inglés). 2015-06-24. Consultado o 2020-07-21. 
  2. "The Quietus | News | INTERVIEW: Justin Broadrick". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  3. "The 100 Best Albums of the 1990s". FACT Magazine (en inglés). 2012-09-03. Consultado o 2020-07-21.