Cold World

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cold World
EP de Godflesh
Data de edición: outubro de 1991
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: setembro de 1991
Estudio(s) de gravación: Avalanche Studios
Duración: 22:38
Xénero musical: metal industrial
Selo discográfico: Relativity Records
Producido por: J. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
Slavestate Cold World Pure

Cold World é o terceiro EP da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado en outubro de 1991 a través do selo Relativity Records. Foi gravado e mesturado durante o mes de setembro de 1991 como parte das sesións de Pure.[1]

O EP orixinal quedou descatalogado, pero en 1996 reeditouse xunto co sinxelo "Slateman" como un único disco a través de Earache Records como o recompilatorio Slateman/Cold World. Posteriormente, en agosto de 2009, este lanzouse como parte dun paquete de 3 CDs que tamén incluía ao EP Slavestate e ao álbum Pure.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Cold World"   5:28
2. "Nihil"   5:55
3. "Nihil" (Total Belief mix) 5:37
4. "Nihil" (No Belief mix) 5:36
22:38

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cold World - Godflesh | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  2. "Godflesh Discography". godflesh.com. Consultado o 2020-07-21.