Godflesh (EP)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Godflesh
EP de Godflesh
Data de edición: 1988
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: xuño - xullo de 1988
Estudio(s) de gravación: Soundcheck, Birmingham
Duración: 30:48
Xénero musical: metal industrial
Selo discográfico: Swordfish Records
Producido por: J. K. Broadrick, G. C. Green
Cronoloxía
- Godflesh Streetcleaner

Godflesh é o EP de estrea da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado orixinalmente en 1988 a través do selo Swordfish Records.[1] Posteriormente sería reeditado varias veces por Earache Records con dous temas adicionais. O EP foi un éxito underground inesperado e alcanzou o posto 20 da lista indie británica.

Godflesh foi gravado e producido durante un período de dous meses en Birmingham polo líder Justin Broadrick e o baixista G. C. Green, que xa tocaran xuntos nunha primeira versións da banda coñecida como Fall of Because. A pesar de quedar eclipsado polo éxito do seu primeiro álbum de estudio, Streetcleaner (1989), o EP foi un dos primeiros lanzamentos do metal industrial e axudou a definir o son do xénero con ritmos programados, guitarras metal pesadas e unha énfase pouco común no baixo.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Justin Broadrick e G. C. Green

N.º Título Duración
1. "Avalanche Master Song"   5:14
2. "Veins"   4:30
3. "Godhead"   5:01
4. "Spinebender"   5:07
5. "Weak Flesh"   4:23
6. "Ice Nerveshatter"   6:31
30:48
Cancións extra da reedición de 1990
N.º Título Duración
7. "Wounds"   13:06
8. "Streetcleaner 2"   8:41
52:36

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Godflesh - Godflesh". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-07-21. 
  2. "Godflesh | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-21.