Selena Gomez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Selena Marie Gomez, nada en Grand Prairie (Texas) o 22 de xullo de 1992, é unha actriz, cantante, produtora, directora e empresaria estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criada en Texas, comezou a súa carreira artística na serie infantil americana Barney & Friends a principios de 2003.
O seu primeiro papel foi en Barney & friends, cantando moitas cancións da serie como Gianna, xunto a Demi Lovato. En 2006 participou como estrela convidada na segunda tempada de Zack & Cody interpretando a Gwen no episodio A Midsummer's Nightmare. En 2007 apareceu tamén nunha serie de episodios de Hannah Montana como Mikayla, unha estrela do pop rival da protagonista.
Ese ano Gomez empezou a conseguir fama ao aparecer na exitosa serie de Disney Channel Wizards of Waverly Place. Interpretou a protagonista Alex Russo até o remate da serie en 2012.
Gomez entrou na industria do filme coas películas Ramona and Beezus (2010), Monte Carlo (2011) e Hotel Transylvania (2012). Conseguiu unha visión máis madura por parte do seu público despois de protagonizar o escandaloso filme Spring Breakers (2014) e de lanzar o seu álbum en solitario Stars Dance (2013). Este último proxecto debutou de número un na estadounidense Billboard 200 e conseguiu estar nás primeiras dez posicións do Billboard Hot 100 coa canción Come & Get It.
Música
[editar | editar a fonte]Formou a súa banda musical Selena Gomez & The Scene tras asinar un contrato con Hollywood Records en 2008. Publicaron os álbums Kiss & Tell (2009), A Year Without Rain (2010) e When the Sun Goes Down (2011) antes de se disolver a banda en 2012.
Gravou "Everything is Not What it Seems" ("Nada é o que parece"), canción principal da serie Wizards of Waverly Place. En 2008 gravou unha versión do clásico de Disney "Cruella De Vil" para o DVD platino de 101 dálmatas e "Fly to your heart" da película de Disney Tinker Bell. Tamén gravou cancións da banda sonora de Another Cinderella Story.
Gomez rematou o contrato con Hollywood Records tras publicar unha recompilación das súas mellores cancións en For You (2014). Posteriormente asinou un contrato con Interscope Records para continuar o traballo no seu segundo álbum de estudio.
Dende o comezo da súa carreira artística, Gomez vendeu 2,8 millóns de álbums e 18,1 millóns de cancións.
Outras actividades
[editar | editar a fonte]En paralelo coa súa vida pública de celebridade, Gomez traballou en varias ocasións con múltiples organizacións de caridade, entre elas UNICEF, da que é a embaixadora máis nova. Formou a súa propia compañía, July Moon Productions en 2008. Dous anos máis tarde lanzou a súa primeira liña de moda a través de Kmart. Todas as súas pezas de roupa conteñen materiais feitos con elementos ecolóxicos. En 2011 saíu á venda o seu perfume Selena Gomez Eau de Parfum.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selena Gomez |