Saltar ao contido

Selección de rugby de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
México
Alcume(s)Serpientes
EmblemaKukulkán
UniónFederación Mexicana de Rugby
AdestradorRubén Duque
CapitánMizael Loredo
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual44 (28 de outubro de 2019)
Estrea internacional
Colombia 46−12 México
Medellín, Colombia; 7 de xuño de 1996
Maior vitoria
México 105−7 Illas Caimán Illas Caimán
Medellín, Colombia; 31 de agosto de 2019
Maior derrota
Brasil 76−5 México
S. J. dos Campos, Brasil; 5 de xuño de 2011
Copa do Mundo
ParticipaciónsNingunha

A selección de rugby de México, máis coñecida como Serpientes (do castelán: Serpes), representa a México nas competicións oficiais de rugby. Debido a que este deporte se practica de xeito illado e afeccionado no país, a selección mexicana habitualmente ten pouca participación en torneos internacionais. A selección está administrada pola Federación Mexicana de Rugby e desde 2007 é membro de World Rugby.

O 29 de marzo do 2008, as "Serpientes" xogaron o seu primeiro partido eliminatorio para a Copa do Mundo de Rugby 2011 da zona NAWIRA (acrónimo en inglés de Asociación de Norte América e das Indias Occidentais de Rugby), contra San Vicente e Granadinas, derrotando ao conxunto caribeño por 47-7 no seu Estadio Nacional Arnos Vale.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]