Sebastián Rodríguez Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chano Rodríguez
Información persoal
AlcumeChano.
Nacionalidadeespañola.
Nacemento27 de febreiro de 1957 (62 anos).
Cádiz.
ResidenciaVigo.
Deporte
PaísEspaña.
DeporteNatación.
ClubC.N. Vigo Rías Baixas
Adestrador
  • Alvaro Reiriz
  • Jose Luis Vaquero
  • editar datos en Wikidata ]
    Cadro de medallas
    Natación
    Xogos Paralímpicos
    Ouro Sidney 2000 50 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 100 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 200 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 4×50 m estilo libre 20 pts
    Ouro Sidney 2000 4×50 m estilos 20 pts
    Ouro Atenas 2004 50 m estilo libre S5
    Ouro Atenas 2004 100 m estilo libre S5
    Ouro Atenas 2004 200 m estilo libre S5
    Prata Pequín 2008 200 m estilo libre S5
    Prata Pequín 2008 4×50 m estilo libre 20 pts
    Prata Londres 2012 50 m estilo libre S5
    Prata Londres 2012 200 m estilo libre S5
    Bronce Pequín 2008 50 m estilo libre S5
    Bronce Pequín 2008 4×50 m estilos 20 pts
    Bronce Londres 2012 100 m estilo libre S5

    Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como Chano Rodríguez, nado o 27 de febreiro de 1957 en Cádiz e veciño de Vigo, é un nadador multimedallista paralímpico español, ex-membro dos GRAPO.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Como membro do grupo terrorista Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre participou en varios atentados, incluíndo ataques con explosivos e o asasinato en 1984 de Rafael Padura, presidente da Confederación de Empresarios de Sevilla, feitos polos que en 1985 foi condenado a 103 anos de cadea.[1]

    Estando en prisión, en 1990 fixo unha folga de fame de máis de catrocentos días que lle causaría graves problemas de saúde, ata o punto de provocarlle a falta permanente de mobilidade en ambas pernas, discapacidade que padece dende aquela, feito que suporía a súa excarceración en liberdade condicional en novembro de 1994.[2]

    Trasladouse a Vigo, onde comezou a traballar vendendo o cupón da ONCE e a practicar natación, disciplina na que acadaría moitos éxitos, incluíndo quince medallas en varias edicións dos Xogos Paralímpicos (oito de ouro, catro de prata e tres de bronce) e outras moitas vitorias en cinco convocatorias dos campionatos do mundo de natación IPC.[3]

    Un Real Decreto do Consello de Ministros do Goberno de España indultouno en abril do ano 2007.[1][4] e en 2009 a Ministra de Educación concedeulle o ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo, na categoría de Medalla de Ouro.[5]

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]