Saltar ao contido

Scrooge McDuck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scrooge McDuck
 Alcume
Uncle Scrooge (en)  
Scrooge (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome estilizado
    $crooge McDuck   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Alcume
Uncle Scrooge
Scrooge Editar o valor en Wikidata
 Semellante a
Obra
 Primeira aparición
 Universo ficticio
 Creador/a
 Inspirado en
Biografía
 Lugar de nacemento
 Data de nacemento
1867 Editar o valor en Wikidata
 Grupo étnico
 Sexo
 Linguas faladas
 Personalidade
parsimony (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Condición médica
Actividade
 Residencia
Familia
 Nai
 Pai
 Parella
Localización
 Lugar de nacemento
Códigos e identificadores
VIAF3371298 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/078m1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: da069e13-5cd0-4984-a664-6ea54c3d499c Discogs: 1129318 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Imaxe de 1942 de Scrooge McDuck vestido de escocés.

Scrooge McDuck, coñecido en Galicia coma Tío Gilito polas versións en lingua castelá[1], é un personaxe de ficción de banda deseñada e animacións creado polo artista Carl Barks para a The Walt Disney Company. En Portugal coñéceselle coma o Tio Patinhas. McDuck é coñecido por ser o titío rico do Pato Donald e titío avó dos cativos Huey, Dewey e Louie. A súa personalidade é averenta, rañosa e cotrosa, ama o diñeiro e incluso nada nel. Veste normalmente unha bata de casa azul coas lapelas e puños vermellos, e leva lentes arredondadas, un caxato e un chapeu alto.

O nome inglés está inspirado en Ebenezer Scrooge, outro personaxe de ficción do libro Un conto de Nadal de Charles Dickens.

Aparece por vez primeira en Christmas on bear mountain, en decembro de 1947; Barks experimentaría coa aparencia e personalidade de McDuck durante os catro anos a seguir. Máis tarde o debuxante declararía que orixinalmente só pensara usar a McDuck para unha soa aparición, mais despois decidiu que podía resultar útil noutras historias. Logo foi establecido coma personaxe recorrente e varias historias puxérono coma protagonista á beira do Pato Donald. Western Publishing foi a primeira en pensar en McDuck coma un protagonista máis que coma un personaxe secundario. Para 1952, McDuck tiña unha revista para si so. Dende aquela, Barks produciu a maioría das súas historias longas con McDuck como estrela, focalizando en aventuras, mentres que a revista de dez páxinas continuaba a ter a Donald como protagonista e se centraba no cómico.

McDuck converteuse na figura principal das historias mentres que Donald e os seus sobriños foron levados ao rol de axudantes de McDuck, contratándoos coma acompañantes que o seguían nas súas aventuras arredor do mundo. McDuck mantense coma a figura central do seu "mundo", acuñándose o termo "O universo de Scrooge McDuck". A figura de McDuck reapareceu con moita forza cando en 1987 estreouse a serie animada de TV, DuckTales (Patoaventuras).

  1. Os cómics da Disney non teñen sido polo de agora traducidos a galego. En 1997 a Disney aceptou dobrar os filmes a galego, pero a Xunta de Galicia rexeitou tal comunicado- https://derrubandoisoglosas.wordpress.com/2015/03/08/disney-e-o-galego/ Arquivado 25 de setembro de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]