The Life and Times of Scrooge McDuck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Life and Times of Scrooge McDuck (Lo$)[1] é unha serie de banda deseñada de 12 historias escritas e debuxadas por Don Rosa, publicada por vez primeira pola editorial dinamarquesa Egmont na revista Anders And & Co. dende 1992 até 1994, e posteriormente en inglés en Uncle Scrooge #285 e #296 (1994–96). As historias contan a biografía do personaxe Scrooge McDuck antes da súa introdución en 1947. As historias foron recollidas e publicadas conxuntamente nun único volume. Posteriormente, Rosa publicou historias adicionais que expandiron a biografía de Scrooge. Estas historias estreáronse en The Life and Times of Scrooge McDuck Companion.

As historias contan os principais na vida de Scrooge entre 1877 e 1947, incluíndo case tódalas referencias que tiñan as historias anteriores de Carl Barks, mais deixando a Rosa e a outros creadores engadir máis detalles. A banda deseñada tamén achega información sobre a orixe e o contexto de moitos personaxes relacionados con Scrooge.

Don Rosa gañou o premio Will Eisner en 1997 pola súa obra.

Notas[editar | editar a fonte]