Saltar ao contido

Scolopendra gigantea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scolopendra gigantea
 Nome taxon
    Scolopendra gigantea
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    S. gigantea (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseChilopoda
OrdeScolopendromorpha
FamiliaScolopendridae
XéneroScolopendra
EspecieScolopendra gigantea Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Scolopendra gigantea Editar o valor en Wikidata
Localización
 Invasora en
Wikidata C:Commons

Scolopendra gigantea é unha das especies de quilópodos máis grande do xénero Scolopendra, cunha lonxitude de até 30 centímetros.[1] Esta especie habita en varios sitios en América do Sur e o Caribe, onde depreda unha ampla variedade de animais, incluíndo outros artrópodos grandes, anfibios, mamíferos e réptiles.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie orixinaria de América do Sur. Os países nos cales se verificou a presenza da especie inclúen Aruba, Brasil, Curaçao, Colombia, Venezuela (incluíndo a illa Margarita) e Trinidad.[1] Os rexistros da especie en San Tomé, Illas Virxes, Haití, a República Dominicana, México, Porto Rico e Honduras son considerados introducións accidentais.[1]

Scolopendra gigantea pode atoparse na selva tropical ou subtropical e no bosque seco tropical.