Scolopax minor
Scolopax minor | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Scolopax minor no niño | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Scolopax minor Gmelin, 1789 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Scolopax minor
Alaranxado: área de reprodución Violeta: residente todo o ano Azul: zona na que non se reproduce | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Scolopax minor é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, e subfamilia dos escolopacios, unha das integradas no xénero Scolopax.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin.[2][3][4]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Scolopax.
O epíteto específico, minor, esta tirado do adxectivo latino minor, -ōris, "menor", "máis pequeno".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
- Philohela minor (Gmelin, 1789)
- Rusticola minor
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Scolopax minor habita en áreas boscosas e mixtas forestal-agrícola-urbanas ao leste do Meridiano 98. Véronse espécimes até, polo norte, en Manitoba, e polo leste até o Labrador e Terra Nova.
No inverno migran cara ao sur, até os Estados da costa do golfo de México.
Características
[editar | editar a fonte]Esta especie norteamericana ten un corpo repoludo, as patas curtas, a cabeza grande e arredondada e un pico prénsil, longo e recto. Os adultos miden de 25 a 30 cm de longo e pesan de 140 a 230 g.[5]
As femias son considerabelmente máis grandes que os machos.[6]
O pico ten unha lonxitude de 6,4 a 7,0 cm.[7]
A envergadura alar oscila entre os 42 e os 48 cm.[8]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación (descenso > 30 % en dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación (<10.000 individuos maduros cun descenso continuo estimado en >10% en dez anos ou tres xeracións) . Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2019): Scolopax minor na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 15 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Scolopax minor Gmelin, 1789 no WoRMS. Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Scolopax minor Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 15 de setembro de 2022.
- ↑ Scolopax minor J. F. Gmelin, 1789 na BioLib. Consultada o 15 de setembro de 2022.
- ↑ Smith, Christopher (2000): Field Guide to Upland Birds and Waterfowl. Wilderness Adventures Press. ISBN 1-8851-0620-3, pp. 28–29.
- ↑ Keppie, D. M. & R. M. Whiting, Jr. (1994): "American Woodcock (Scolopax minor)" en The Birds of North America. Nº 100. A. Poole and F. Gill, Eds. Philadelphia: The Academy of Natural Sciences; Washington, D.C.: The American Ornithologists' Union.
- ↑ Sheldon, William G. (1971): Book of the American Woodcock. University of Massachusetts.
- ↑ "American Woodcock Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". En allaboutbirds.org.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scolopax minor |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Scolopax minor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Woodcock en Cornell Lab of Ornithology.
- Robert Winkler: Rite of Spring. The phenomenal courtship flight of the American woodcock Arquivado 10 de febreiro de 2007 en Wayback Machine..
- American Woodcock Conservation Plan. A Summary of and Recommendations for Woodcock Conservation in North America.