Satyrium acaciae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Satyrium acaciae é un insecto lepidóptero da familia Lycaenidae, subfamilia Theclinae e do xénero Satyrium.[1][2]

Denominación[editar | editar a fonte]

Satyrium acaciae foi descrita por Johan Christian Fabricius en 1787.

Satyrium acaciae é sinónimo de Papilio acaciae Fabricius, 1787 ; Fixenia acaciae ; Nordmannia acaciae.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha pequena bolboreta, marrón na súa parte superior, a femia loce tres lúnulas laranxas nas ás posteriores, posúe un penacho de pelos negros no ángulo anal.

O dorso é de cor ocre gris adornado dunha fina liña branca e de lúnulas premarxinais cor laranxa nas ás posteriores.

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Univoltina, voa nunha xeración, en xuño e xullo.[4]

Pasa o inverno como un ovo, posto nas ramificacións dos Prunus.[4]

Plantas hóspedes[editar | editar a fonte]

As súas plantas hóspedes son Prunus spinosa, Prunus mahaleb así como Prunus divaricata en transcaucasia.[3]

Ecoloxía e distribución[editar | editar a fonte]

Está presente en gran parte de Europa, pero nin ao sur (sur de España e de Italia) nin ao norte (Reino Unido, Escandinavia, Estados bálticos e Dinamarca). Está tamén presente en Asia Menor e no sur de Rusia.[3]

En Francia está presente en todo o sur e leste do país. Ausente de Córsega, de Bretaña e de todo o nordés de Loira, e a Paso de Calais. En España distribúese polo norte, Montes Universales, Cuenca, Guadalaxara e Teruel.

Biotopo[editar | editar a fonte]

É un lepidóptero dos bosques, dos claros, de todos os terreos onde haxa prunus ou abruñeiros.

Amparo[editar | editar a fonte]

Carece de estado de protección, aínda que nalgúns estados de Europa é considerada unha especie escasa e en forte regresión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux e Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]