Satyendra Nath Bose
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1894 Calcuta, India |
| Morte | 4 de febreiro de 1974 Calcuta, India |
| Residencia | India |
| Relixión | Hinduísmo |
| Educación | University College de Calcuta (1917–1921) Presidency University (1909–1915) Hindu School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física matemática |
| Ocupación | físico, político, matemático, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Calcuta (1947–1956) Universidade de Daca (pt) |
| Membro de | |
| Profesores | Jagadish Chandra Bose (pt) |
| Alumnos | Asima Chatterjee |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Doutorando | Purnima Sinha (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ushabala Bose |
| Fillos | Shri Rathindranath Basu |
| Pais | Surendranath Bose |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бозе Шатьендранат) Obálky knih, Fiziki, (p.37) |
Satyendra Nath Bose (en bengalí: সত্যেন্দ্রনাথ বসু, Satyendranāth Basu) , nado en Calcuta o 1 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 4 de febreiro de 1974, foi un físico indio especializado en física matemática. É coñecido polo seu traballo en mecánica cuántica nos anos 1920, provendo as bases para a estatística de Bose-Einstein e a teoría do condensado de Bose-Einstein. O bosón (unha das partículas elementais) é chamado así na súa honra. Foi premiado co segundo recoñecemento civil máis alto da India, o Padma Vibhushan, en 1954.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o maior de sete irmáns. Seu pai, Surendranath Bose, traballou no Departamento de Enxeñaría dos Ferrocarrís do Leste da India.
Bose asistiu á escola secundaria hindú en Calcuta e logo á Facultade da Presidencia, tamén en Calcuta, obtendo sempre as máis altas cualificacións. De 1916 a 1921 foi profesor no departamento de física da Universidade de Calcuta. En 1921 pasou a formar parte do departamento de física da nova Universidade de Dacca (agora chamada Universidade de Dhaka), novamente como profesor, até 1945. Logo volveu a Calcuta e deu clases na Universidade de Calcuta até 1956, data na que se retirou da docencia e foi nomeado profesor emérito.
O seu maior logro científico obtívoo cando lle enviou un manuscrito a Albert Einstein para que este o revisase e traducise. Einstein quedou marabillado co traballo e recomendouno para a súa publicación. O manuscrito foi a semente do que despois se coñeceu como o condensado de Bose-Einstein.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Satyendra Nath Bose |
| A Galipedia ten un portal sobre: India |
