Sarah Connolly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarah Connolly
Sarah Connolly.jpg
Nacemento13 de xuño de 1963
 Condado de Durham
NacionalidadeReino Unido
Alma máterRoyal College of Music
Ocupacióncantante e cantante de ópera
PremiosCommander of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]

Sarah Patricia Connolly, nada no condado de Durham en 1963, é unha mezzosoprano inglesa, destacada intérprete de Händel e música barroca e contemporánea.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse na Queen Margaret's School de York e no Royal College of Music. Durante cinco anos foi membro da BBC Singers onde cantou jazz.[2][3] Ó deixar o grupo comezou a interesarse na ópera, debutando en 1994 en Der Rosenkavalier como Annina. A súa consagración chegou como Serse (Xerxes) e como Giulio Cesar no Festival de Glyndebourne.[4] Debutou no Covent Garden no 2009, como Dido en Dido and Aeneas.[5][6] Cantou música contemporánea, Twice Through the Heart de Mark-Anthony Turnage a carón de Oliver Knussen, Jonathan Harvey, John Tavener e outros, que foi lanzada no ano 2002 nunha gravación comercial.[7][8]

En setembro do 2009, foi a solista de The Last Night of the Proms, cantando Mahler, jazz e Rule Britannia vestida como o Almirante Nelson.[9][10][11]

Connolly vive en Gloucestershire, Cotswolds,[2][3] xunto ó seu marido e filla Lily (2003).[5]

En 2017 foi nomeada Dama do Imperio Británico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]