Saltar ao contido

Sapoconcho común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sapoconcho común[1][2] (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia Occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude. A súa casca é marrón con zonas verdosas e algunha mancha amarelada.

Hai entre 5000 e 8000 anos, cando o clima europeo era máis cálido, esta tartaruga podíase atopar máis ao norte acadando a actual zona do sur de Suecia.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

As seguintes 14 subespecies recoñécense como válidas:[3]

  • Emys orbicularis capolongoi Fritz, 1995 – Sapoconcho común sardo
  • Emys orbicularis colchica Fritz, 1994 – Sapoconcho común de Colchis
  • Emys orbicularis eiselti Fritz, Baran, Budak & Amthauer, 1998 – Sapoconcho común de Eiselt
  • Emys orbicularis fritzjuergenobstii Fritz, 1993 – Sapoconcho común de Obst
  • Emys orbicularis galloitalica Fritz, 1995 – Sapoconcho común italiano
  • Emys orbicularis hellenica (Valenciennes, 1832) – Sapoconcho común de Turquía Occidental
  • Emys orbicularis hispanica Fritz, Keller & Budde, 1996 – Sapoconcho común español
  • Emys orbicularis iberica Eichwald, 1831 – Sapoconcho común do Val do Kura
  • Emys orbicularis ingauna Jesu, Piombo, Salvidio, Lamagni, Ortale & Genta, 2004 - Sapoconcho común de Liguria
  • Emys orbicularis lanzai Fritz, 1995 – Sapoconcho común corso
  • Emys orbicularis luteofusca Fritz, 1989 – Sapoconcho común da Turquía Central
  • Emys orbicularis occidentalis Fritz, 1993 – Sapoconcho común norafricano
  • Emys orbicularis orbicularis (Linnaeus, 1758) – Sapoconcho común común
  • Emys orbicularis persica Eichwald, 1831 – Sapoconcho común do leste

Etimoloxía das subespecies:

[editar | editar a fonte]

O nome de colchica fai referencia a unha área da costa leste do Mar Negro - Colchis - que hoxe comprende Abkhazia, Xeorxia e o que en tempos conformou Trebisonda, hoxe parte do noroeste de Turquía.

O nome de eiselti é unha homenaxe ao herpetólogo vienés Josef Eiselt (1912-2001).[4]

O nome de fritzjuergenobsti é unha homenaxe ao herpetólogo alemán Fritz Jürgen Obst (1939-2018).[4]

O nome de lanzai é unha homenaxe ao herpetólogo italiano Benedetto Lanza.

Parasitos

[editar | editar a fonte]

Esta especie pode albergar diversas especies de parasitos, incluídos Haemogregarina stepanovi, monoxéneos do xénero Polystomoides, trematodos vasculares do xénero Spirhapalum e varias especies de nematodos.

  • Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (1996). "Emys orbicularis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 4 de abril de 2009. 
  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  2. Sapoconcho común (Emys orbicularis). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  3. Fritz, Uwe; Havaš, Peter (2007). "Checklist of Chelonians of the World" [Guía dos quelonios do mundo]. Vertebrate Zoology (en inglés) 2 (57): 181-184. ISSN 1864-5755. doi:10.3897/vz.57.e30895. 
  4. 4,0 4,1 Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Johns Hopkins University Press. p. 81, 193. ISBN 978-1-4214-0135-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]