Sapoconcho americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sapoconcho americano
Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans)
Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Anapsida
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Superfamilia: Testudinoidea
Familia: Emydidae
Subfamilia: Deirochelyinae
Xénero: Trachemys
Especie: Trachemys scripta
Sinonimia
  • Testudo scripta Schoepff, 1792
  • Testudo serrata Daudin, 1801
  • Emys occipitatis Gray in Griffith & Pidgeon, 1830
  • Emys vittata Gray, 1830
  • Emys elegans Wied, 1839
  • Emys troosti Holbrook, 1836
  • Emys cumberlandensis Holbrook, 1840
  • Emys holbrookii Gray, 1844
  • Emys sanguinolenta Gray, 1856
  • Trachemys lineata Gray, 1873

O sapoconcho americano[2] (Trachemys scripta) é unha especie de tartaruga acuática (sapoconcho) da familia Emydidae.

Vive en lameiros, brañas, encoros e outras augas doces. Aliméntase de diversos animais e plantas. É orixinaria das zonas tropicais e subtropicais das Américas, mais actualmente é coñecida como mascota no oriente de Asia, en Europa e outros lugares do mundo onde foi introducida, especialmente a subespecie da Florida Trachemys scripta elegans. Prohibiuse a introdución desta subespecie en Europa por mor a que se crearon poboacións en moitos lugares do continente pola ceiba incontrolada de exemplares que se adquiriran coma mascotas, e que provocaron danos nos ecosistemas locais.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Subespecies antigas[editar | editar a fonte]

Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans)

Antigamente contábanse 15 subespecies:

Cada subespecie ten unha coloración diferente na coiraza e a testa.

Subespecies actuais[editar | editar a fonte]

Actualmente coñécense 3 subespecies

Trachemys scripta elegans: Texas, Oklahoma, Novo México, Kansas, Kentucky, Indiana, Alabama, Tennessee, Arkansas, Illinois e Missouri. É a especie de tartaruga máis coñecida no mundo. Importouse en grandes cantidades a moitos países do mundo, onde a xente ceibounas e comezan a ser unha praga. Ten a coiraza verde, que co tempo se torna marrón, con algunhas pintas amarelas. O plastrón (peiteira) é amarelo con máculas negras. A súa característica máis distintiva é unha gran mancha vermella tralas orellas. Até 28 cm.

Trachemys scripta scripta: Virxinia, Carolina do Norte, Florida, Carolina do Sur e Xeorxia. Coiraza de cor negra cunhas raias verticais sutís de cor marrón. O plastrón é amarelo, sen máculas ou cunhas poucas de cor negra. A testa é escura cunhas grandes pintas de cor amarela intensa. Até 25 cm.

Trachemys scripta troosti: Tennessee e Kentucky. Coiraza verde con algunhas pintas claras e plastrón amarelo con máculas negras. Na testa ten unha mancha amarela pálida. É probábel que sexa a evolución de híbridos entre T.s. elegans e T.s. scripta, xa que posúe caracteres de ambas as dúas especies e a súa distribución está tamén situada entre a de ambas as dúas especies. Até 21 cm.

Descrición[editar | editar a fonte]

Estas subespecies poden acadar de 20 a 30 cm de longo, aínda que non é frecuente que superen os 25 cm. Os machos son de menor tamaño mais teñen as unllas e a cola máis longas. As femias acadan un tamaño maior ca os machos, porén teñen a cola e as unllas moito máis curtas.

Carácter invasor[editar | editar a fonte]

Por mor do seu potencial colonizador e constituíren unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro,[3] estando prohibida en España, e polo tanto en Galicia, a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. van Dijk, P.P., Harding, J. & Hammerson, G.A. (2011). "Trachemys scripta". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Nome galego en Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega)
  3. http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/12/pdfs/BOE-A-2011-19398.pdf Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]