Unha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compoñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto[3] ou plastrón,[4] e outra para o lombo, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.
Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas[5] e cotas de malla).