Sapo lusitánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sapo lusitánico
Batrachus didactylus - 1700-1880 - Print - Iconographia Zoologica - Special Collections University of Amsterdam - UBA01 IZ13600177.tif
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Batrachoidiformes
Familia: Batrachoididae
Subfamilia: Batrachoidinae
Xénero: Halobatrachus
Ogilby, 1908
Especie: H. didactylus
Nome binomial
Halobatrachus didactylus
Bloch e Schneider, 1801
H. didactylus no Atlántico e Mediterráneo

H. didactylus no Atlántico e Mediterráneo
Sinonimia
  • Batrachus didactylus Bloch & Schneider, 1801
  • Batrachoides didactylus (Bloch & Schneider, 1801)
  • Batrachus conspicillum Cuvier, 1829
  • Batrachus punctatus Agassiz, 1831
  • Batrachus borealis Nilsson, 1832
  • Batrachus planifrons Guichenot, 1850
  • Batrachoides planifrons (Guichenot, 1850)
  • Batrachus algeriensis Guichenot, 1850
  • Batrachus guentheri Bleeker, 1863

O sapo lusitánico[2] (Halobatrachus didactylus), é a única especie do xénero Halobatrachus, un peixe mariño da familia dos batracoídidos, distribuído pola costa atlántica de África e o Mediterráneo occidental.[3]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A forma do corpo é semellante ás demais especies desta orde, cunha lonxitude máxima descrita de 50 cm.[4] Posúe numerosos radios brandos nas longas aletas dorsal e anal, sen espiñas, mentres que a aleta caudal é redondeada.[5]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Vive en augas mariñas subtropicais a escasa profundidade, entre os 10 m e 50 m.[6] Aínda que son fundamentalmente mariños, describiuse a súa presenza remontando os ríos de Gambia.[7]

Teñen hábitos de vida sedentarios sobre a area branda ou o barro, a miúdo parcialmente soterrados na area ou agochados en fendas das rochas -solitario en augas profundas-, onde se alimenta de crustáceos, moluscos e pequenos peixes.[8] As femias depositan os ovos, que son sufientemente grandes, os cales son despois gardados polos machos.[5]

Relación cos humanos[editar | editar a fonte]

Está catalogado como peixe perigoso para os nadadores, polo seu veleno.[9] É pescado para a súa comercialización, aínda que con escaso valor no mercado.[3]

Presenza en Galicia[editar | editar a fonte]

Aínda que o sapo lusitánico é unha especie tropical que se ten atopado nas augas do sur de Portugal, en Galicia só se teñen rexistrado dous achados desta especie, o primeiro producido no ano 2018 na ría de Vigo, e o segundo no ano 2019, cun exemplar desta especie en augas de Sanxenxo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Collette, B.B. (2015). "Halobatrachus didactylus". Lista Vermella da IUCN 2015: e.T195003A15535727. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-4.RLTS.T195003A15535727.en. 
  2. 2,0 2,1 GCiencia, ed. (9 de xullo de 2019). "Atopan en augas de Sanxenxo un exótico sapo lusitánico". Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Bauchot, M.-L., 1987. Poissons osseux. p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) "Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37". Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome.
  4. Sanches, J.G., 1991. "Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau". Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16. 429 p.
  5. 5,0 5,1 Maigret, J. e B. Ly, 1986. "Les poissons de mer de Mauritanie". Science Nat., Compiègne. 213 p.
  6. Schneider, W., 1990. "FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea". Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. FAO, Rome. 268 p.
  7. Diouf, P.S., 1996. "Les peuplements de poissons des milieux estuariens de l'Afrique de l'Ouest: L'exemple de l'estuaire hyperhalin du Sine-Saloum". Université de Montpellier II. Thèses et Documents Microfiches No.156. ORSTOM, París. 267 p.
  8. Roux, C., 1986. "Batrachoididae". p. 1360-1361. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París. Vol. 3.
  9. Halstead, B.W., P.S. Auerbach e D.R. Campbell, 1990. "A colour atlas of dangerous marine animals". Wolfe Medical Publications Ltd, W.S. Cowell Ltd, Ipswich, England. 192 p.