Sapo de esporóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sapo de esporóns
Rango fósil: Mioceno medio–Actual,[1]
Pelobates cultripes02.jpg
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Anura
Familia: Pelobatidae
Xénero: Pelobates
Especie: P. cultripes
Nome binomial
Pelobates cultripes
Cuvier, 1829
Distribución de Pelobates cultripes

Distribución de Pelobates cultripes

O sapo de esporóns[2] (Pelobates cultripes) é unha especie de anfibios anuros da familia Pelobatidae.

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa distribución mundial limítase exclusivamente á Península Ibérica e ás costas mediterráneas e suroccidentais de Francia. Dentro da península ten unha distribución practicamente continua facéndose as súas poboacións máis escasas ou desaparecendo no norte (cornixa cantábrica e Galicia).

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os ambientes terrestres que ocupa normalmente o sapo de esporóns, adoitan ser terreos areentos, con charcas, arroios estacionais ou marismas próximas. Son especialmente abundantes nas devesas de Estremadura e areais do baixo Guadalquivir, zonas semiáridas do val do Ebro, sendo escaso en zonas de montaña.

Aínda que a súa distribución altitudinal abrangue desde o nivel do mar até os 1.700 metros, é máis frecuente encontrar poboacións por baixo dos 1.000 m.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os factores que poden incidir sobre o seu nivel de conservación son comúns aos doutras especies de anuros. A destrución directa de hábitat reprodutivos como charcas, lagoas e marismas provocou a extinción de poboacións, especialmente en zonas de areais costeiros e zonas destinadas á agricultura intensiva, a contaminación por produtos fitosanitarios e o exceso de carga gandeira, que provoca a eutrofización dos hábitats reprodutivos. Os atropelos en estradas en zonas reprodutivas ricas en charcas e a introdución de especies foráneas como o cangrexo de río americano ou certas especies de peixes que poden incidir nas fases embrionaria e larvaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín, C. & Sanchiz, B. (2014). "Pelobates cultripes (Cuvier, 1829)". Lisanfos KMS. Version 1.2. Museo Nacional de Ciencias Naturales, MNCN-CSIC, Madrid. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  2. Vocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]