Santa María de Lurdes, Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°7′26.88″N 8°8′53.05″O / 43.1241333, -8.1480694

Santa María de Lurdes
Igrexa de Santa María de Lurdes - Curtis - Galiza-3.jpg
Igrexa de Santa María de Lurdes
Concello de Curtis (Curtis) parroquia de Lourdes A Coruña Galiza.jpg
Concello Curtis
Área 2,3 km²
Poboación 1.381 hab. (2008)
Densidade 600,43 hab./km²
Entidades de poboación 6

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km²[1].

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes, a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes.

Historia[editar | editar a fonte]

Sinal en Curtis da igrexa de Lourdes.

A estación de Curtis e as estradas Curtis-Santaia, A Coruña-Ourense e a comarcal Santiago-Curtis, deron lugar ao nacemento dunha gran feira. Polo aumento da poboación e as necesidades da feira creouse unha nova capela que co tempo se converteu na igrexa parroquial de Lourdes de Curtis.

A parroquia de Nosa Señora de Lurdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e constituída parroquia independente pola real Orde da Dirección General de Justicia, Culto y Asuntos Generales o 10 de outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arcebispado de Santiago de data 1 de febreiro de 1929.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa María de Lurdes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa María de Lurdes no concello de Curtis (A Coruña)

Bodeus | Curtis | Paio Rodríguez | A Raia | Seixo de Abaixo | Seixo de Arriba

Parroquias de Curtis[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mariño Sanmartín, Andrés (1992). Bodeus, Curtis-Estación, Curtis. A Coruña. ISBN. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]