Conversa:Santa María de Lurdes, Curtis

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O título do artigo é Santa María de Lurdes, Curtis

Parece ser que o nome de "Lurdes" está sacado desta páxina da Xunta: http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp Alí pon: Santa María de Lurdes (Santa María)

A páxina da wikipedia en galego sobre Curtis http://gl.wikipedia.org/wiki/Curtis pon que se chama Lourdes a igrexa e a parroquia.

Mirando na páxina do concello de Curtis http://www.curtis.es/index.php/gl/parroquias

No menú despregable da esquerda pon "Lurdes".

Sobre o mapa vese e pon Nosa Señora de Lourdes a parroquia.

No texto pon: Santa María de Lourdes é a máis occidental e a máis pequena de todas (865 Ha) e representa o 7,36% da superficie do concello. A esta parroquia pertence o núcleo urbano de Curtis que representa un 27% da poboación total do concello.

Na táboa de datos e no texto reitérase o nome de Lourdes

¿Cal é o nome da igrexa e o da parroquia?

A parroquia civil é Lurdes, como se indica no Nomenclátor da Xunta de Galicia, e a parroquia eclesiástica é Lourdes como pode verse na web do concello e nas imaxes que acompañan o artigo. Engadín esta información na cabeceira do artigo a ver se así queda aclarada a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 18:33 (UTC)[responder]