Santónica
Santónica | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
' Artemisia cina' O.Berg & C.F.Schmidt ex Poljakov |
A santónica[1][2] (Artemisia cina) é unha especie arbustiva pertencente á familia Asteraceae, recendente e amarga, de talo ergueito, follas alternas e abrancazadas e flores ovoides en cabezolo, da cal se extrae a santonina, unha substancia vermífuga[3].
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto con cheiro aromático de 40–60 cm, ten os talos ergueitos cotonosos e leñosos na súa base. As follas son pequenas, con pecíolos curtos nas follas basais e sésiles nas follas superiores, son espatuladas coas puntas arredondadas. Florea en xullo-agosto, as flores tubulares son amarelentas e agrúpanse en panículas de 3 a 5 flores miúdas.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Planta orixinaria da Asia central, preferentemente das estepas salobres de Turquestán
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Antihelmíntico, os capítulos florais son útiles no tratamento de cocas lombrigas e nematodos.
- Antifúnxica, aínda que pode presentar toxicidade con bocalladas, vómitos e foiras ou diarreas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Artemisia cina foi descrita por O.Berg & C.F.Schmidt ex Poljakov e publicado en Darstellung und Beschreibung samtlicher in der Pharmacopoea borussica aufgefuhrten offizinellen Gewachse 4: , pl. 29. 1863.[4]
Hai dúas teorías na etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Artemisa, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes curativas, especialmente da gravidez e os partos. Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois da morte do soberano. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das antigas sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e medicina.[5]
cina: epíteto latino que significa "cinsa".[6]
- Seriphidium cinum (Berg & C.F. Schmidt ex Poljakov) Poljakov[4]
- Artemisia salina Willd. [1803]
- Artemisia maritima subsp. salina (Willd.) Nyman [1879]
- Artemisia laricifolia S.G.Gmel. [1774]
- Artemisia humilis M.Bieb. [1798]
- Artemisia cyna Pall. [1776]
- Seriphidium maritimum (L.) Poljakov [1961]
- Artemisia seriphium Wallr.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009.
- ↑ O dicionario da Real Academia da Lingua porén recomenda a forma en masculino: santónico.
- ↑ Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ 4,0 4,1 "Santónica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de novembro de 2012.
- ↑ en Flora de Canarias
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Sinónimos en Tela Botánica
- ↑ "Santónica en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santónica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Santónica |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei.
- Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.