San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao
San Vitoiro de Ribas de Miño | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Vitoiro | |
Concello | O Saviñao[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°40′07″N 7°42′42″O / 42.66861496, -7.71170245 |
Poboación | 112 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 112 habitantes (61 homes e 51 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de San Vitoiro de Ribas de Miño entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[3] |
Socioeconomía
[editar | editar a fonte]Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.
A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.
O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.
A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.
A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.
Festas
[editar | editar a fonte]A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Vitoiro de Ribas de Miño.
-
Igrexa de San Vitoiro de Ribas de Miño.
-
Portada da igrexa.
-
Porta Lateral norte.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Vitoiro de Ribas de Miño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello do Saviñao (Lugo) | |
---|---|
A Abadía | Os Amieiros | A Cerca | Os Corgos | A Corredoira | Filgueiro | As Fontelas | Gudiós | A Lama | Liñares | Montegrande | Pacios | A Pereira | A Reboira | O Regato | Susavila | Taíz | O Troncedo | O Val |
Parroquias do Saviñao
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: San Vitorio de Ribas de Miño |