San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Vitoiro de Ribas de Miño
Igrexa parroquial de San Vitoiro
ConcelloO Saviñao[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°40′07″N 7°42′42″O / 42.66861496, -7.71170245Coordenadas: 42°40′07″N 7°42′42″O / 42.66861496, -7.71170245
Poboación112 hab. (2022)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 112 habitantes (61 homes e 51 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de San Vitoiro de Ribas de Miño entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[3]

Socioeconomía[editar | editar a fonte]

Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.

Capela de Guadalupe

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.

A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.

O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.

A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.

Casa da Abadía

A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.

Festas[editar | editar a fonte]

A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Vitoiro de Ribas de Miño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello do Saviñao (Lugo)

A Abadía | Os Amieiros | A Cerca | Os Corgos | A Corredoira | Filgueiro | As Fontelas | Gudiós | A Lama | Liñares | Montegrande | Pacios | A Pereira | A Reboira | O Regato | Susavila | Taíz | O Troncedo | O Val

Parroquias do Saviñao[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Saviñao

Abuíme (San Xoán) | A Broza (San Tomé) | Chave (San Sadurniño) | A Cova (San Martiño) | Diomondi (San Paio) | Eirexafeita (San Vicente) | Fión (San Lourenzo) | Freán (Santa Cecilia) | A Laxe (San Fiz) | Licín (Santalla) | Louredo (Santiago) | Marrube (Santa María) | Mourelos (San Xulián) | Ousende (Santa María) | Piñeiró (San Sadurniño) | Rebordaos (Santalla) | Reiriz (Santa María) | Rosende (Santa Mariña) | San Vitoiro de Ribas de Miño (San Vitoiro) | Santo Estevo de Ribas de Miño (Santo Estevo) | Segán (Santa María) | Seteventos (Santa María) | Sobreda (San Xoán) | Vilacaíz (San Xulián) | Vilaesteva (San Salvador) | Vilasante (San Salvador) | Vilatán (San Xoán) | Vilelos (San Martiño) | Xuvencos (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]