San Lourenzo de Abeleda, Porqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Lourenzo de Abelendo
ConcelloPorqueira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°01′02″N 7°52′17″O / 42.0172546, -7.87150108Coordenadas: 42°01′02″N 7°52′17″O / 42.0172546, -7.87150108
Área5,4 km²
Poboación150 hab. (2011)
Densidade27,78 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Abelendo é unha parroquia do concello ourensán de Porqueira na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2011 tiña 150 habitantes (69 homes e 81 mulleres), 43 menos ca en 1999.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención escrita é a San Lorenço de Porquera nas Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Orense de Juan Muñoz de la Cueva (1772), onde se indica que Pedro Seguín, bispo da diocese de Ourense entre 1157 e 1169, era orixinario de Paradela de Abelenda, anexo da freguesía de San Lorenço de Porquera. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xuridición de Rairiz de Veiga, e tamén formou couto in-solidum coas parroquias de Güín, Golpellas, Barxeles, Souto e Couso, con xuíz, escribán e ministros que formaban audiencia en Couso de Salas.[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Os primeiros datos son do ano 1570, cando tiña cincuenta familias (sobre 250 habitantes). En 1683 tiña 70 familias[3] En 1777 Pedro Gonzaléz de Ulloa anotou que a parroquia tiña cen familias, vasalos do seu señor o Conde de Monterrei.

No Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano indícase que tiña 313 habitantes. No Diccionario enciclopédico escolar de 1889 indícase que tiña 504 habitantes. En 1910 Abelendo tiña 543 habitantes. En 1940 a parroquia tiña 416 habitantes de dereito e 492 de feito, que pasarían a ser en 1950 494 de dereito e 459 de feito, e en 1960 314 de dereito e 303 de feito. En 1970 tiña 329 habitantes de dereito e 313 de feito, e en 1980 354 persoas de dereito e 351 de feito.

Xeografía[editar | editar a fonte]

San Lourenzo atópase situado a 650 metros de altura sobre o nivel do mar, na parte máis ao suroeste da comarca da Limia. A parroquia esta atravesada polo río Limia e polo seu afluente regueiro dos Vales. A súa máxima elevación son os Picoutos, con 940 metros de altura, na marxa co concello de Calvos de Randín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Pedro González de Ulloa (1777): Estados do Conde de Monterrey.
  3. Allison M. Poska: Regulating the people: The cathollic reformathion in seventheenth century

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Lourenzo de Abelendo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Lourenzo de Abeleda no concello de Porqueira (Ourense)

Reboreda | San Lourenzo

Parroquias de Porqueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Porqueira

Paradela de Abeleda (San Xoán) | Porqueira (Santa María) | Sabucedo (San Salvador) | San Lourenzo de Abeleda (San Lourenzo) | San Martiño de Porqueira (San Martiño) | Sobreganade (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]