San Brais, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Brais

Vista aérea de San Brais
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′01″N 8°46′32″O / 42.100295228389, -8.7754616713435Coordenadas: 42°06′01″N 8°46′32″O / 42.100295228389, -8.7754616713435
Poboación27 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

San Brais é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar, na Comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 27 habitantes (14 homes e 13 mulleres).

Descrición[editar | editar a fonte]

San Brais é unha entidade de poboación de Mañufe situada nas abas do Outeiro do Pico Sacro ou Outeiro do Concello[2], cun total de 14 vivendas construídas[3].  Fai estremas ao sur, coas terras do Barco, ao sueste con Seidóns e ao leste e suroeste o lugar da Costa.  Os norte cos barrios de Cristillóns e Piquetes, e cara levante con Seidóns novamente.

As súas terras formaron parte do couto de Moldes, cuxa casa principal segue en pé como a maior peza patrimonial do lugar.

Maioritariamente este territorio está ocupado por casas residencias e algunhas terras de labor destinadas a hortas familiares.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Pazo de Moldes e capela de San Brais

Artigo principal: Pazo de Moldes.

O Pazo de Moldes, tamén coñecido como Casa Forte de Moldes ou Pousa de San Blas é un antigo couto sobre o que foi edificada unha casa grande galega arredor do século XIV. Canda ela, unha capela baixo advocación de San Brais, sede dunha romaxe tradicionais da parroquia de Mañufe. No século XXI, inda que con algunha reforma no exterior, mantén en boa conservación as súas estruturas, sendo utilizada como vivenda familiar.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. Rodríguez Lemos, Anxo. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 15/06/2020. 
  3. "Lugar de San Blas, Mañufe, Gondomar". Idealista.com (en Castelán). Consultado o 15/06/2020.