Couso, Gondomar
| Couso | |
|---|---|
Calvario en Couso, preto do adro da igrexa. | |
| Concello | Gondomar[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°05′07″N 8°44′30″O / 42.085394444444, -8.7416055555556 |
| Poboación | 414 hab. (2014) |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 414 habitantes (209 homes e 205 mulleres), catro máis ca en 2004 (210 mulleres e 200 homes segundo o padrón municipal) e 21 máis ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.
Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.
Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor.[2]
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é couseiro[3].
Cultura e asociacionismo
[editar | editar a fonte]Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires. Nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Couso
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Couso no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
|---|---|
|
As Bandeiriñas | A Bastida | A Boucía | A Feira | As Fonteiriñas | A Fontiña | A Fraga | As Laxes | O Lugar | A Pedreira | A Portela | A Retorta | A Terra do Rei | A Torre | As Vacarías |
Parroquias de Gondomar
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "MIÑOR archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 26. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Couso, Gondomar |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Couso na páxina da Diocese de Tui-Vigo.