A Ponte, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ponte

Núcleo urbano da Ponte
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′36″N 8°46′25″O / 42.109972222222, -8.7735833333333Coordenadas: 42°06′36″N 8°46′25″O / 42.109972222222, -8.7735833333333
Poboación34 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

O barrio ou lugar da Ponte está situado na parroquia de Mañufe, Gondomar, comarca do Val Miñor. O seu nome vén dado pola ponte románica[1] que une este lugar coa Texosa. Atópase a 1 km da vila de Gondomar e a 45 metros sobre o nivel do mar[2]. Segundo o INE en 2019 tiña 34 persoas empadroadas (20 homes e 14 mulleres).

Ponte de Mañufe sobre o río Miñor.
Os Conguidos, campo de cultivo de viñas e hortas familiares. Topónimo recollido polo historiador Anxo Rodríguez Lemos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O territorio ten como límite norte o río Miñor, ao leste O Campo das Bestas, ao oeste O Verdeal e ao sur A Moreira. A meirande parte das terras de cultivo están espalladas na ribeira sur do Miñor atravesadas polo Camiño das Ribeiras ao leste e O Camiño do Lameiro até o cruzamento co Camiño do Verdal cara ao oeste.

A maior parte destas leiras están ocupadas por cultivos familiares de viñas, millo, patacas e pequenas hortas. O lugar ten un total de 24 vivendas construídas[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ponte de Mañufe

Artigo principal: Ponte de Mañufe.

A ponte de Mañufe, que cruza o Miñor, é de orixe románica. Ten colocada unha inscrición co ano 1140 nun dos seus perpiaños[4].[5]. Está en discusión se a actual ponte se atopa no lugar doutra máis antiga de orixe romana.[6][1]

Trala recollida de toponimia levada adiante polo historiador Anxo Rodríguez Lemos, tamén foron recuperadas as localizacións doutras pequenas pezas patrimoniais, como un pequeno xogo de birlos no que hoxe é o aparcadoiro dun centro hostaleiro[7].

Ademais, recuperouse e foron obxecto de xeolocalización, un conxunto de casas tradicionais de valor etnográfico, entre elas A Casa Soleiro, A Casa da Moucha e A Casa do Xulián.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñorano. p. 94. ISBN 978-84-09-06595-0. 
  2. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 20-20-2020. 
  3. "Lugar Ponte Mañufe". O Idealista. Consultado o 20-05-20. 
  4. Alvarado Blanco, S.; Durán Fuentes, M.; Nárdiz Ortiz, C. (1991). Pontes históricas de Galicia. A Coruña: Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. 
  5. Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 94. ISBN 978-84-09-06595-0. 
  6. Ferreira Priegue, E.. "Los caminos medievales de Galicia". Boletín Auriense (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense) (9). 
  7. 7,0 7,1 "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 17-09-2018. Consultado o 20-05-2020. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)