Cristillón, Mañufe, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristillón

Capela do cemiterio parroquial de Mañufe
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′11″N 8°46′19″O / 42.103138888889, -8.7720555555556Coordenadas: 42°06′11″N 8°46′19″O / 42.103138888889, -8.7720555555556
Poboación59 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Cristillón é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 59 persoas empadroadas (31 homes e 28 mulleres). Esta pequena entidade de poboación sitúase a 1,4 km do centro da vila de Gondomar e 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

O lugar ou barrio de Cristillón sitúase a carón do cemiterio de Mañufe ao sur da Moreira. Comunica polo Camiño de Piquetes coa aldea do mesmo nome en dirección sueste. Ao seu paso destacan grupos de casas dos séculos XVIII e XIX, “de clara presenza vernácula, construídas en granito e dotadas de forte cromatismo en portas e ventás de madeira, acompañadas de diversas edificacións complementarias e correspondentes leiras cultivadas”, segundo descrición do arquitecto Antonio Soliño Troncoso.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Casa de Dona María.

Casa de Dona María[3] ou Casa Inquisicional de Cristillón[4].

Artigo principal: Casa de Dona María.

O edificio levántase a base de perpiaño granítico irregular, de dous andares e cuberta a dúas augas. Inicialmente era de planta rectangular con orientación norte-sur. Máis tarde engadíuselle un anexo que funcionaba como patín. Co paso do tempo foise transformando.[5]

A súa fundación remóntase á primeira metade do século XVII, segundo Soliño Troncoso. Engade que sobre ela fundouse morgado, sendo propietario o capitán Jerónimo de Seya Mariño, de San Pedro de Filgueiras (San Pedro da Ramallosa na actualidade).[6] O mesmo estudo engade que posteriormente o morgado foi adquirido por Pedro de Puga Novoa, de Bembrive (Vigo). No século XVIII xa era o seu propietario un "de la Sierpe", Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso y Lira. A súa herdeira María Jesús de la Sierpe foi quen deu nome popular á casa. A familia "de la Serpe" tivo outra casa en Mañufe, aos pés da ermida de San Sebastián, aínda parcialmente conservada”.[6]

O traballo citado sinala que a casa foi residencia dun inquisidor do Santo Oficio “cuxas armas se mostran sobre o brasón pétreo que coroa o lintel do portalón de entrada ao patio aberto ante a casa”[6]. A edificación presenta “planta en forma de T como consecuencia da ampliación dun corpo, no vento nacente, á inicial tipoloxía rectangular. Toda a obra está moi transformada. Ao outro lado do camiño mantense, aínda modificada, a fonte do Romaio[6]”.

Cemiterio parroquial.

Cemiterio de Mañufe. Construído no ano 1929 é un dos máis recentes cemiterios hixienistas do municipio. Atribúeselle boa parte do financiamento ao indiano e benfeitor da parroquia, Leopoldo Pérez Alonso. A capela do cemiterio foi construída en 1931. Salientan os “bos traballos de cantería en panteóns que, non obstante, mostran sempre formas e estilos eclécticos. Algúns presentan esculturas de certa calidade se ben, en xeral, de carácter decimonónico; só o mural rectangular dun frontón dunha edificación central escapa a esta máxima. A obra arquitectónica e escultórica está sen catalogar. Tamén presenta traballos de forxa de interese” describe no libro Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor, o arquitecto Soliño Troncoso.[6] Entre outros ten sepultura neste cemiterio o político e xornalista galego Manuel Villar Cimadevila.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 08/05/2020. 
  2. "Ruta Gondomar. y Mañufe. Da Paradela a Antime e Moreira". Wikiloc Rutas Concello de Gondomar. Consultado o 08/05/2020. 
  3. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 08/05/2020. 
  4. "Decreto 48/1999, de 18 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de monumento, a favor do Pazo de Gondomar". BOE. Consultado o 24/05/2020. 
  5. Casa de Dona María na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Soliño Troncoso, Antonio (2018). Percorrido polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Deputación de Pontevedra. p. 125. ISBN 978-84-09-06595-0. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mañufe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)