Donas, Gondomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°5′51.63″N 8°47′17.96″O / 42.0976750, -8.7883222

Donas
Igrexa de Santa Baia de Donas, Gondomar.jpg
Igrexa de Santa Baia de Donas.
ConcelloGondomar[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación1.469 hab. (2014)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Chan do Cereixo

Artigo principal: Chan do Cereixo.

Chan do Cereixo é un xacemento arqueolóxico do Plistoceno Medio situado nunha paraxe natural do mesmo nome localizada na extrema suroeste do concello de Gondomar.[2][3] Forma parte do conxunto de achados paleolíticos pertencentes á primeiras poboacións de homínidos en territorios da actual Galicia, cunha antigüidade estimada entre os 300 e 250 mil anos.[4] Ocupa aproximadamente 130 Ha situado a 340 msnm no lugar coñecido como Alto dos Valados, parroquia de Donas. Localizado estratexicamente entre as concas do Río Miño e do Río Miñor foi ocupado temporalmente e en diversas ocasións por diferentes comunidades de humanos ao longo de centos de miles de anos. Nas diversas campañas arqueolóxicas atopáronse ferramentas paleolíticas, un posible poboamento neolítico, unha pequena estación de arte rupestre , restos do período Calcolítico e da Idade do Bronce, así como vestixios da época de romanización.

Nesta parroquia estaba o mosteiro de Santa Baia das Donas, convento feminino da orde de San Bieito, construído con autorización de Afonso VII grazas á doazón das terras feita en 1149 por Áurea Bellida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Donas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Donas no concello de Gondomar (Pontevedra)

Abrollido | O Alcóucer | A Areosa | A Barcalla | A Barga | As Barreiras | O Cruceiro | A Estrada | O Estripeiro | O Meixón | A Miranda | O Mosteiro | A Nogueira | O Pereiro | San Cibrán | Sermán | O Sobreiro | O Souto | O Telleiro

Parroquias de Gondomar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Villar Quintero, Rosa; et al. (2009). Chan do Cereixo (Donas, Gondomar) : una actualización del paleolítico inferior en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 132. ISBN 978-84-95892-76-8. OCLC 456668101. 
  3. Soliño Troncoso, Manuel; et al. (1995). Gondomar : historia, arte y territorio. Vigo: Ir Indo. p. 71. ISBN 84-7680-225-0. OCLC 38830478. 
  4. Santonja Gómez, Manuel; et al. (2019). XV Reunión nacional del Cuaternario. Límites cronológicos de la presencia humana durante el Pleistoceno Medio en la cuenca baja del Río Miño (Pontevedra, España). Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea. p. 53. ISBN 978-84-17713-16-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]