Saltar ao contido

Samuel Gottlieb Gmelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSamuel Gottlieb Gmelin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalSamuel George Gottlieb Gmelin
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1744 Editar o valor en Wikidata
Tubinga, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1774 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Akhmedkent, Rusia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadealemá
EducaciónUniversidade de Leiden
Director de teseJohann Georg Gmelin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, entomólogo, médico, ornitólogo, botánico, pteridólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohann Georg Gmelin e Philipp Friedrich Gmelin Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaS.G.Gmel. Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna von Chappuzeau Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Konrad Gmelin Editar o valor en Wikidata
IrmánsChristian Gottlieb Gmelin Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Gmelin-64

Samuel George Gottlieb Gmelin, nado o 4 de xullo de 1744 en Tubinga e finado o 27 de xuño de 1774 en Achmetkend, (no actual Daguestán), foi un médico, naturalista e explorador alemán ao servizo do Imperio ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Samuel Gottlieb Gmelin naceu en Tubinga no seo dunha coñecida familia de naturalistas. Seu pai era Johann Conrad Gmelin, un boticario e cirurxián, e era sobriño de Johann Georg Gmelin, que tamén era tío de Johann Friedrich Gmelin (o natutralista que publicou en Alemaña o Systema Naturae de Carolus Linnaeus).

Samuel obtivo o título de médico en 1763 na Universidade de Leiden á temperá idade de 18 anos. Mientras viviu nas Provincias Unidas, Gmelin amosou un grande interese polas algas mariñas. En 1766 fixo oposicións e gañou o posto de profesor de Botánica na Universidade de San Petersburgo.

Ao ano seguiente formou parte dunha expedición de estudos da Historia Natural do Imperio ruso, na que explorou as concas dos ríos Don e Volga, e as costas oeste e leste do mar Caspio. Mentres atravesaba o Cáucaso foi hospedado polo Khan Usmey de Khaiïtakes, e faleceu debido a un mal tratamento dunha enfermidade contaída estando cativo en Derbent. Tiña só 29 anos.[1]

Gmelin foi o autor de Historia Fucorum (1768), a primeira obra dedicada á bioloxía mariña, na que describe as algas e onde fai uso por primeira vez do sistema binomial de nomenclatura. Nesa obra incluíu elaboradas láminas con ilustracións de todo de algas mariñas que, na actualidade, non se conservan. Os resultados da súa expedición publicáronse en Reise durch Russland zur untersuchung der drey natur-reiche (Viaxes por Rusia para o estudo das tres provincias naturais) (1770-1784, 4 volumes). O volume final ía ser completado por Johann Anton Güldenstädt pero foi editado finalmente por Peter Simon Pallas despois da morte de Güldenstädt.[2]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

En 1772 casou con Anna von Chappuzeau, neta do famoso capitán de navío Xacobe Chappuzeau (Iákov Shapizo, en ruso Яков Шапизо), heroe da batalla da Illa de Saaremaa (Ösel) en 1719, cando comandaba o Raphail.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Foi membro de:

  • Academia das Ciencias de Rusia
  • Academia das Ciencias de San Petersburgo

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura S.G.Gmel. emprégase para recoñecer a Samuel Gottlieb Gmelin como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Moriz Gmelin (1979): Gmelin, Samuel. En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Vol. 9, Duncker & Humblot, Leipzig, pp. 273 e ss.
  • Helmut Dolezal (1964): Gmelin, Samuel. En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Vol. 6, Duncker & Humblot, Berlin, pp. 481 e ss.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]