Salvador Albert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Albert
Nacemento31 de marzo de 1845
 Palamós
Falecemento1944
 Cerdanyola
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, político e escritor
editar datos en Wikidata ]

Salvador Albert i Pey, nado en Palamós en 1868 e finado en Cerdanyola del Vallès en 1944, foi un político e escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito, pero non acabou a carreira. De mozo militou no republicanismo posibilista, representado primeiro pola Unión Federal Nacionalista Republicana e despois polo Partit Republicà Català. Nas eleccións xerais de 1910 e 1914 foi elixido deputado polo distrito electoral da Bisbal, facéndose coñecido en todo o país ó superar a quen, en principio, era o gran favorito, Francesc Cambó. Grazas ós electores de San Feliu de Guíxols, que o votaron masivamente, foi revalidando a acta de deputado nas eleccións de 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Nestas contendas a miúdo participaba con coalicións republicanas, de esquerdas e catalanistas. Xunto con Joaquim Salvatella formaba parte do chamado "baluarte empordanés" pola fidelidade que lles amosaban os seus electores.[1][1]

Proclamada a Segunda República, foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1931 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), sendo o candidato con máis votos de toda a provincia de Xirona. Xusto despois foi nomeado embaixador español en Bélxica (1931-1934). Despois da Guerra Civil foi detido e permaneceu encarcerado en Xirona, na mesma cela que Carles Rahola i Llorens, sendo liberado pouco antes de morrer.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía
Novela
Teatro
  • El despertar d'un cor, (1896)
Ensaio

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Diccionario de Historia de Cataluña. Ed. 62, Barcelona, 1998. ISBN 84-297-3521-6. pp. 20.
  2. Archivo Histórico de la Ciudad de Barcelona Fondos 6B-Jocs Florals, SerieIII-Plicas (1924) documento 219