Saltar ao contido

Gastronomía de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gastronomía de Italia
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Cultura
Localización
 País de orixe
Patrimonio
Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
Data10 de decembro de 2025, 2025
IdentificadorRL/02093
Códigos e identificadores
Freebase/m/09y2k2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A gastronomía de Italia é unha das principais gastronomías mundiais. A cociña italiana caracterízase pola variedade de produtos utilizados así como por unha gran diversidade rexional. Terra gastronómica por excelencia, Italia é o berce da cociña europea e mediterránea. Os mercados medievais das cidades e vilas transalpinas son o lugar de nacemento da actual cociña italiana debido á converxencia de dous factores: a chegada á cidade dunha serie de produtos agrícolas do contorno rural para ser vendidos nos mercados e a bonanza económica na que viven as elites locais, que lles permite beneficiarse destes produtos e combinalos elaborando novos pratos. Estes serán bautizados na maior parte dos casos co nome da vila onde foron creados.[1]

Delicias da gastronomía italiana.

A cociña cotiá

[editar | editar a fonte]

A cociña é un elemento importante na maneira de vivir dos italianos, que reflicte sobre todo a cultura rural, pero aínda máis a familiar, ou incluso a materna.

Os italianos teñen unha visión íntima e concreta da súa cociña. Non é tan importante a complexidade ou o virtuosismo dunha "alta cociña" como a calidade e precisión ou o bo facer diarios. Un prato debe ser como é, respectando as tradicións. O parmesano relado, o sal, a pementa, o limón, o aceite de oliva, non están permitidos en calquera prato. Falando dos viños, bébese tinto ou branco, dependendo do prato que se estea a degustar (se é carne, tinto, se é peixe, branco). Na cociña italiana non se aprecia demasiado o exótico, os gustos fortes, as grandes porcións, ou as carnes vermellas, xa que se valora máis a combinación sutil de gustos orixinais, sen excesos nin complexidades inútiles.

As cociñas rexionais en Italia

[editar | editar a fonte]
  1. Enaudi, Massimo (2010). L'identità italiana in cucina (en italiano). Gius. Laterza & Figli. ISBN 978-88-581-0615-0.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.