STS-103

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
STS-103
STS-103 Hubble EVA.jpg
O telescopio espacial Hubble na bodega de carga do transbordador Discovery durante a misión STS-103.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento20 de decembro de 1999, 00:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión7,97 días[6]
Obxectivo da misiónServizo e mantemento do Telescopio Espacial Hubble.[3][6]
Regreso28 de decembro de 1999[6]
Sitio de regresoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6]
NSSDC ID1999-069A

STS-103 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 20 de decembro de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-103, con sete astronautas a bordo, foi a terceira misión para dar servizo, reparar e mellorar o Telescopio Espacial Hubble. A tripulación constaba de Curtis L. Brown (comandante), Scott J. Kelly (piloto), Steven L. Smith (comandante de carga) e os especialistas de misión Michael Foale, John M. Grunsfeld, Claude Nicollier e Jean-François Clervoy. O lanzamento veuse atrasado ata nove veces por problemas técnicos e no último momento posible para evitar o posible efecto 2000 nos ordenadores do transbordador no espazo.[3][5][6]

Tras ser posto en órbita, o Discovery manobrou para achegarse ata o Hubble, capturándoo co seu brazo robótico o 22 de decembro. Durante a misión reemprazáronse os seis xiroscopios do telescopio, o sistema de ordenadores de a bordo e os controis de temperatura e voltaxe das súas baterías, e instalouse unha nova grabadora de datos con capacidade para 12 GB. Tamén se substituíu o illamento exterior do telescopio.[3][5][6]

O Discovery aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 28 de decembro de 1999.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 103" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52637(E)). 29 de marzo de 2000: 14. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 103" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-103" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "STS-103" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]