Jean-François Clervoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-François Clervoy
Jean-Francois Clervoy.jpg
Datos persoais
Nacemento19 de novembro de 1958
LugarLongeville-lès-Metz
Actividade
MisiónsSTS-84, STS-66 e STS-103
Tempo no espazo28,13 días
Premiosoficial da Lexión de Honor e Knight of the National Order of Merit
editar datos en Wikidata ]

Jean-François Clervoy, nado en Longeville-les-Metz (Francia) o 19 de novembro de 1958, é un astronauta francés que formou parte das misións STS-84, STS-66 e STS-103. Pasou un total de 28,13 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clervoy é graduado pola Escola Politécnica de París en 1981 graduado pola Escola Nacional Superior da Aeronáutica e do Espazo, en Toulouse, en 1983. En 1987 gradúase como enxeñeiro de voos de proba.[1][2]

En 1983 traballou para a axencia espacial francesa, a CNES, en varios proxectos, como o do satélite SPOT de observación terrestre, o proxecto de ligazón óptica entre satélites STAR e as sondas cometarias Vega.[1][2]

Foi elixido como membro do segundo grupo de astronautas franceses en 1985. De 1987 a 1992 foi director do programa de voos parabólicos no Centro de Voos de Proba en Brétigny-sur-Orge, e deu soporte técnico ao programa Hermes de voos tripulados da ESA.[1][2]

En 1991 adestrouse no uso dos sistemas das naves Soyuz e da estación espacial Mir na Cidade das Estrelas, en Rusia, e en 1992 entrou a formar parte do corpo de astronautas da ESA no Centro Europeo de Astronautas, en Colonia, Alemaña. En agosto de 1992 foi enviado ao Centro Espacial Johnson da NASA para adestrarse como especialista de misión do transbordador espacial. Participou nas misións STS-84, STS-66 e STS-103.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2018). "Clervoy, Jean-François André" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 ESA, ed. (2019). "Jean-François Clervoy" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]