Efecto 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto 2000 é o termo empregado para denominar a un bug ou erro de software que estaría causado pola omisión da centuria no díxito correspondente ó ano para a almacenaxe de datas. Esta práctica tiña como obxectivo economizar memoria, asumindo que o software só funcionaría durante os años que comenzaran con 19.

Características[editar | editar a fonte]

A hipótese do efecto 2000 presumía que despois do 31 de decembro de 1999 os sistemas informáticos contabilizarían as datas considerando que o 1 de xaneiro do 2000 sería o 1 de xaneiro de 1900.

Na predición dos efectos que este erro de software podería ter considerábanse os seguintes posibles:

  • Os programas que contan o número de anos a través da subtracción das datas obterían unha cantidade de anos negativa. Por exemplo, para unha persoa nacida 1977, a súa idade no ano 2000 sería 00-77 = -77 anos.
  • Os programas que contan o ano utilizando os dous últimos díxitos e mostran os dous primeiros do ano, por exemplo 19, ó intentaren mostrar o ano despois do 1999 mostrarían 19 seguido do número que sigue ó 99, é dicir: 19100. Isto é coñecido como problema do ano 1900.

Ó aproximarse o ano 2000 xurdiron moitos rumores sobre os problemas que este efecto 2000 provocaría. Falábase de catástrofes económicas e dun eventual colapso dos sistemas informáticos. As intervencións nos sistemas encamiñadas a corrixir estes posibles efectos tivo un custo elevadísimo en termos económicos, sen contar outros custes relacionados.

Casos relacionados[editar | editar a fonte]

Existen outros erros de software similares, relacionados coa representación de datas:

  • En UNIX a data está representada por un número enteiro de 32 bits con signo, que pode oscilar entre -231 a 231-1. Este número é a cantidade de segundos que transcorreron dende o 1 de xaneiro de 1970. Así, o ano 2038 será o último representable por este sistema. Este erro de software coñécese como problema do ano 2038.
  • En sistemas máis anticuados, como as versións de Windows 1.x, 2.x e 3.x, o problema radica na omisión de tales díxitos. Neste caso, ó cumprirse o primeiro segundo do ano 2000 sería o 1 de xaneiro de 1980, o ano no que se creou o MS-DOS, sistema operativo destes entornos.