Michael Foale
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1957 Louth, Reino Unido |
| Comandante da EEI | |
| 27 de outubro de 2003 – 29 de abril de 2004 ← Iuri Malenchenko – Gennadi Padalka → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Queens' College, Cambridge (pt) |
| Director de tese | Alan Cook (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, astrofísico, físico |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Membro de | |
| Tempo no espazo | 1 ano, 8 días, 12 horas, 28 minutos e 48 segundos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
| |
Colin Michael Foale, nado en Louth (Reino Unido) o 6 de xaneiro de 1957, é un astronauta británico-estadounidense retirado que formou parte das misións STS-45, STS-56, STS-63, STS-84, STS-86, STS-103 e Soiuz TMA-3, e ademais foi membro da Expedición 8 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foale graduouse en física pola Universidade de Cambridge en 1978, completando o seu doutoramento en astrofísica nos Laboratorios Cavendish en 1982.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xuño de 1987, participando nas misións STS-45, STS-56, STS-63, STS-84, STS-86, STS-103 e Soiuz TMA-3, e sendo membro da Expedición 8 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 373,760 días no espazo. Retirouse da NASA en 2013.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Foale, Colin Michael" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2013). "C. MICHAEL FOALE (PH.D., CBE) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Foale |