Steven Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Steven L. Smith»)
Steven Smith
Datos persoais
Nacemento30 de decembro de 1958
LugarPhoenix
Actividade
MisiónsSTS-68, STS-103, STS-82 e STS-110
Tempo no espazo40,01 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Steven Lee Smith, nado en Phoenix, Arizona, o 30 de decembro de 1958, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-68, STS-103, STS-82 e STS-110.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Smith graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Stanford en 1981 e é máster na mesma materia pola mesma universidade en 1982. É máster tamén en administración de empresas pola Universidade Stanford en 1987.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-68, STS-103, STS-82 e STS-110 e pasando un total de 40,01 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Smith, Steven Lee" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (abril de 2017). "Steven L. SmithAssociate Director for International Space Station Science Directorate, Ames Research CenterNASA Astronaut" (PDF) (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]