Jesús Sánchez Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sánchez Gallego")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sánchez Gallego
Nacemento1936
 Padrón
NacionalidadeEspaña
EidoPintura ó óleo, Cartelismo
Sinatura de Sánchez Gallego.png
editar datos en Wikidata ]

Jesús Sánchez Gallego, nado en Padrón no ano 1936, é un pintor galego con estudos en Belas Artes.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa primeira exposición foi en Sevilla no ano 1968, expuxo dende entón noutros lugares do mundo; no ano 1972 os seus cadros viaxaron ata Suíza, tamén se mostrou a súa obra en galerías de arte da Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Elaborou, por encargo da Xunta de Galicia, grandes murais e dípticos que anunciaron os Xacobeos do ano 1993, 1999, 2004 e 2010. No 2010 incluíuse un dos cadros de Sánchez Gallego na exposición conmemorativa dos 20 anos do Xacobeo.

Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos oficiais; o Parlamento de Galicia, os Concellos de Padrón, da Pobra do Caramiñal, entre outros, posúen varios óleos de Sánchez Gallego[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Fundación Araguaney inaugura exposición de óleos de Sánchez Gallego, en El Correo Gallego (26-1-2012), en castelán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]