Jesús Sánchez Gallego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 Padrón, España |
Morte | 15 de marzo de 2019 (82/83 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , cartelista |
Lingua | Lingua castelá |
Jesús Sánchez Gallego, nado en Padrón no ano 1936 e finado en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2019,[1][2] foi un pintor galego con estudos en Belas Artes.
Obra[editar | editar a fonte]
A súa primeira exposición foi en Sevilla no ano 1968, expuxo dende entón noutros lugares do mundo; no ano 1972 os seus cadros viaxaron ata Suíza, tamén se mostrou a súa obra en galerías de arte da Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Elaborou, por encargo da Xunta de Galicia, grandes murais e dípticos que anunciaron os Xacobeos do ano 1993, 1999, 2004 e 2010. No 2010 incluíuse un dos cadros de Sánchez Gallego na exposición conmemorativa dos 20 anos do Xacobeo.
Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos oficiais; o Parlamento de Galicia, os Concellos de Padrón, da Pobra do Caramiñal, entre outros, posúen varios óleos de Sánchez Gallego.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece el pintor padronés Jesús Sánchez Gallego, autor de varios carteles del Xacobeo". El Correo Gallego (en castelán). 16-07-2019. Consultado o 13-03-2021.
- ↑ "Falece o pintor padronés Jesús Sánchez Gallego". La Voz de Galicia. 20-07-2019. Consultado o 13-03-2021.
- ↑ "La Fundación Araguaney inaugura exposición de óleos de Sánchez Gallego". El Correo Gallego (en castelán). 26-1-2012. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 13-03-2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Exposición Jesús Sánchez Gallego na Fundación Araguaney Arquivado 31 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Mostra sobre as pinturas do artista, xaneiro de 2014.