Saltar ao contido

Río Búbal, río Támega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Búbal, río Támega
Imaxe
Río Búbal ao seu paso por Vilaza.
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Larouco Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Támega Editar o valor en Wikidata
Localizaciónprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°55′37″N 7°29′25″O / 41.9269, -7.490208
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata

O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos bibalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal. Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal. O seu tramo final está declarado como parte da zona especial de conservación (ZEC) río Támega da Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura.[1][2]

Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello de Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín, río Búbal no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.

  1. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 
  2. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.