Vilaza, Monterrei
Vilaza | |
---|---|
![]() Torre de Vilaza. | |
Concello | Monterrei[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°55′47″N 7°29′26″O / 41.929722222222, -7.4905555555556Coordenadas: 41°55′47″N 7°29′26″O / 41.929722222222, -7.4905555555556 |
Poboación | 514 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia[editar | editar a fonte]
Apareceron restos romanos na capela do lugar, así como sinais de ser terras pertencentes á Orde dos Templarios, de onde dataría a capela de estilo románico e maila súa torre estilo normanda. Na Idade Media existiu tamén o mosteiro de Santa Cruz de Vilaza.
Existía un manancial de augas mineromedicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, explotado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda e Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaza, Monterrei.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Vilaza[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vilaza no concello de Monterrei (Ourense) | |
---|---|