Zona especial de conservación do Río Támega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: río Támega.

Coordenadas: 41°55′25″N 7°24′54″O / 41.923500, -7.414900

río Támega
Afluente na cabeceira do río Támega.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 630,46 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004[1] e 21 de setembro de 2006[2], ZEC o 31 de marzo de 2014[3][4].
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín
Ríos: río Támega
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O río Támega, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a toda a cunca fluvial galega do río Támega, que é o chamado val de Monterrei ata a raia portuguesa, e os seus afluentes. Esta área de conservación ocupa 630,46 ha. dos concellos Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín, todos da comarca de Verín.[1][2][3][4][5][6]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

No espazo natural do río Támega dominan as ribeiras arredor do Támega e os seus afluentes con masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior)e prados de sega con especies como Alopecurus pratensis e Sanguisorba officinalis. Séguenlle os vales e abas, que decorren desde o río ata as montañas, e onde aparece vexetación de auga ou parcialmente de auga e de musgos acuáticos.[5][6]

Ademais destes hábitats, están presentes ribeiras lamacentas e áreas con augas estancadas, oligotróficas e mesotróficas. Destacan tamén os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix.[5][6]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]

Especie
Drepanocladus vernicosus
Narcissus asturiensis

Fauna[editar | editar a fonte]

Entre a fauna do espazo destacan os invertebrados Cerambyx cerdo, Lucanus cervus, o sapo Pelobates cultripes e os morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros. Entre as aves están presentes 15 especies de interese, como son o caso de Elanus caeruleus, Lullula arborea, Emberiza hortulana ou Sylvia undata.[5][6]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Miniopterus schreibersii
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O río Támega foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e en setembro de 2006 dentro da rexión mediterránea e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[5][6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 BOE - Goberno de España, eds. (21/9/2006). "Decisión de la Comisión, de 19 de julio de 2006, por la que se adopta, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica mediterránea [notificada con el número C(2006) 3261].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  4. 4,0 4,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]