Río Búbal, río Támega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Búbal
País Galicia Galicia
Nacemento Serra do Larouco
Lonxitude ? Km
Caudal medio ? m³/s
Desembocadura Río Támega

O río Búbal ou Buble é un curso fluvial galego que transcorre polos concellos ourensáns de Cualedro, Monterrei e Verín. É afluente do río Támega.

Étimo[editar | editar a fonte]

O nome do río ten relación co do pobo prerromano dos Bíbalos, que habitaba na comarca, segundo consta no Padrón dos pobos da ponte de Chaves.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nace na serra do Larouco, dacabalo entre os concellos de Cualedro e Baltar, na provincia de Ourense, e o de Montalegre, en Portugal. Recolle as augas das chairas entre a Alta Limia e a fronteira con Portugal. O seu tramo final está declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluído na Rede Natura 2000, xunto co tramo do Támega augas arriba da desembocadura.

Os seus principais afluentes son o río Pichos, no concello que Cualedro, que percorre as parroquias de Lucenza, A Xironda e San Millao, e o río Rubín, río Búbal no concello de Monterrei, que percorre as parroquias de Infesta, Albarellos e Vilaza.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.